21.9.06

Bodipo: volta o meigallo

No partido no que por fin lograba un gol co Deportivo, no campo do Laracha, de novo, como no caso de Valerón, nunha xogada na que non houbo violencia de por medio, nun mal apoio, Bodipo fixo anacos o seu xeonllo dereito: rotura de ligamento cruzado anterior. Perderá case toda a temporada. O segundo gol, para un resultado final de 0-2, marcouno Estoyanoff, pero iso xa foi o de menos. Non hai nada peor para un futbolista profesional (nin para calquera persoa que ame o deporte, engadiría) que unha lesión deste tipo: longa, delicada e complexa. Dende aquí transmítolle todo o meu apoio e os meus ánimos, e que a recuperación sexa o máis rápida posible. Queda por ver se isto motivará algún reforzo de última hora para a dianteira. Saberémolo nos próximos días.

No comments: