17.9.06

Duscher e a importancia da unidade

Segunda parte. Segundo gol do Deportivo. Capdevila sentencia o partido. O público en Riazor estoupa de ledicia. Caparrós corre pola banda e o banquillo celebra o gol. Todos os xogadores do Deportivo corren inmediatamente á liña de fondo a formar unha piña ao máis puro estilo Barça-de-Ronaldinho. Descontando a Aouate, que celebra o gol no outro extremo do campo, só un xogador semella estar alleo á festa colectiva: a uns metros, Duscher camiña só, cabeza abaixo, pensativo, cara ao seu campo. Final do partido. Segunda victoria consecutiva en casa do novo Depor. Lopo chama a todos os seus compañeiros ao medio do campo, para aplaudir ao público, para aplaudirse polo partido realizado. Costumes que non se deben perder. Dez xogadores do Depor e toda a afición en busca da comunión perdida en anos pasados. Só falta un: Duscher, que nada máis o árbitro indicou o final do partido marchou, con presa, de novo cabeza abaixo, para o vestiario. Este tipo de actitudes son as que minan a uns xogadores e un entrenador que están facendo da unidade unha das súas armas principais. Unha venta a tempo é unha victoria.

No comments: