19.10.09

Deportivo 1 - Sevilla 0: maximizando a coesión

Por un momento temos que esquecer que Valerón segue "castigado" e que non xogamos ao fútbol. Este deporte é, como todos pero máis que ningún outro, un estado de ánimo. Poucas verdades máis grandes e indiscutíveis. E nós, neste estado actual de confianza, crendo que podemos, xogando defensivamente por cima das nosas posibilidades, e coa sorte de cara nas poucas oportunidades xeradas, podemos dar guerra a calquera. O Sevilla tampouco tivo o día, saiu con pouca convicción, e perdeu; somos cuartos, empatados con eles que son terceiros; segunda xornada consecutiva en Champions, e o estadio cun ambiente que non se vivía dende fai moitos anos, coa xente sorrindo e frotando os ollos para confirmar que non é un soño. Que bonito foi o que vivimos uns anos atrás. Estes momentos de gloria, que todos intuimos, sabemos, que deberían ser efímeros, danlle unha forza ainda maior a aquelas tardes de Superdepor, aquelas temporadas nas que case todas as xornadas eran máxicas. Que afortunados somos, os amantes do fútbol da nosa xeración, por poder ter disfrutado dos últimos 15 anos deste equipo.

13.10.09

Entrevista a Lendoiro

Recoméndovos unha interesante entrevista ao presidente do Deportivo que foi publicada este lúns en El País.

3.10.09

Tenerife 0 - Deportivo 1: seriedade e pragmatismo

E durmimos en postos de Champions.

Comentarios Tenerife-Deportivo

Pódese ver en: http://www.justin.tv/infadibletv/popout

00:00: Lotina segue sen contar con Valerón. Respecto ao Vilarreal Riki entra por Adrián, A. Tomás por J. Rodriguez e a obrigada de Sergio por Juca.

05:00: O partido non ten un dono claro, ainda que a posesión é do Tenerife. A única aproximación un bo pase longo dos canarios, que rematou en fora de xogo cando a lentitude de Colotto xa deixaba só ao dianteiro ante Aranzubia.

08:00: Segue todo moi tranquilo, con tímidas aproximacións dos dous equipos. Sen perigo. Vese máis dinámico o Tenerife. Por certo, a segunda camiseta do Dépor é horrible. Parece mentira.

12:00: O Dépor estírase a balón parado. Unha falta ben sacada por Guardado e dous córners en 2 minutos, pero non hai remate. Cunha victoria durmimos en Champions.

15:00: En todos os campos cantan as mesmas cancions. Un argumento máis para que os Riazor Blues tentaran cantar moito máis en galego e sobre os galegos... mais estamos no país no que estamos, e non noutro. O partido segue sen dono e sen grandes ocasións.

20:00: Nada digno de mención. As señas do Deportivo son as que ten sempre que non xoga Valerón: solidez defensiva con ausencia total de creación no centro do campo. Así é complicado elaborar xogo. A noticia é que Riki ainda non se tirou á piscina en ningunha ocasión.

25:00: O partido é unha sucesión de xogadas a balón parado. Houbo un par de remates de cabeza perigosos en cada campo. Pouco máis. Non xogamos a nada, para variar. Iso si, a defensa está de momento impecable.

30:00: O Tenerife ataca ben por momentos, pero non merece o gol. o Dépor só ataca a balón parado, con centros moi lonxanos. Polo momento o 0-0 fai xustiza. Se a cousa segue así, temos posibilidades de ver a Valerón os últimos 30 minutos.

35:00: Ou Lassad estaba nun estado de gracia anormal no final da liga pasada, ou está baixísimo agora. Non parece o mesmo xogador. Toca poucos balóns e os que toca os xoga con pouquísimo criterio. Esperemos que se recupere porque nos fai moita falla. Os comentaristas do canal "En vivo" lembran con nostalxia o Superdépor e as súas proezas europeas. Seguimos aburridos.

42:00: Primeira boa xogada de ataque do Dépor. Triangulan Filipe, Riki e Guardado, e este regatea (!) e vaise a liña de fondo, onde a pon para que Lassad a empurre de cabeza, pero non chega por medio metro. Primeiro síntoma de fútbol en todo o que vai de partido.

45:00: Remata a primeira parte. Cheira a 0-0. O mellor polo de agora Guardado.

Non puiden ver o segundo tempo, pero foi máis do mesmo. Seguimos rentabilizando os goles a balón parado de forma maxistral; somos o equipo máis práctico de primeira, no que vai de liga.

Sacrilexio con Valerón

Dous anos -case tres- agardando polo mesías, chorando pola ausencia do seu fútbol; e cando chega, cando por fin é obvio a ollos de todos que o mellor Valerón está entre nós, o Iluminado decide deixalo partido tras partido no banco. Sacrilexio impune, mentres o sempre resultadista metapúblico de Riazor, cala.