27.9.09

Depor 1 - Vilarreal 0: victoria traballada e merecida

Juca 2 goles de libre directo consecutivos; moita falla nos facía alguén así. A defensa moi seria, e o porteiro na liña do ano pasado: con paradas chave que salvan partidos. Adrián con destellos pero irregular, e Lassad moi por baixo do nivel da pasada temporada. No centro falta xogo, e máis se non está Valerón, que volveu a deixar detalles de mestre con sabor a superdepor. Se Guardado ou Riki tivesen un pouco máis de calidade, terían propiciado o gol da tranquilidade nun dos 3 contraataques francos que tivemos. É igual. Coa sobriedade chegou para frenar a un Vilarreal que moito vai ter que mellorar. Somos quintos e a un punto da Champions. Da para estar tranquilos, e mesmo para soñar un pouco, polo menos de momento.

Deixovos o gol:

No comments: