28.9.09

Os videos de Juca que viu Lotina

Hoxe Lotina explicou na SER que a Juca o fichara só "por video", insinuando que non sabía moito del nin o vira xogar nunca en directo antes. Así que me puxen a buscar en youtube, para ver que fixera Juca digno de mención antes de vir ao Depor. Aquí tedes un dos videos máis completos que atopei, con xogadas interesantes, nas que se amosa un xogador moi dinámico e non carente de calidade. Ainda que nin é Mauro nin é Fran, penso que si que pode ser unha clara mellora para o mediocre centro do campo que tivemos estes últimos anos, cos Sergio, Antonio Tomás, Verdú ou Juan Rodriguez. Ten toda a pinta de que, se as lesións o respectan, un pouco será titular indiscutible.

No comments: