30.10.06

O Depor, instalado na mediocridade

Pois vai ser que si, que as rachas de bo xogo eran espellismos, e que a creatividade da que carece o Depor non vai ser sinxela de suplir ata a volta de Valerón, para a que haberá que agardar ainda un trimestre. E iso que por fin, despois de que moitos o pedísemos durante semanas, Caparrós confiou en Verdú como enganche... Dende que non escrebo, os resultados foron estes:
  • Depor 2 - Real 0 (Barragán, Riki)
  • Betis 1 - Depor 1 (Arizmendi)
  • Depor 1 - Atlético 0 (Arizmendi)
  • Depor 1 - Santander 0 (Estoyanoff, p.)
  • Getafe 2 - Depor 0
Conclusión evidente: os resultados non son desastrosos, pero non facemos xogo atractivo e ver máis de dous goles nun partido do Depor comeza a ser moi complicado. Os plantexamentos son conservadores, e os homes de arriba non están finos. Riki está a facer cousas interesantes (golazo o seu contra a Real), pero fáltalle continuidade no gol, e os demáis non son xente con pegada, salvando a boa racha que leva nas últimas semanas un ilusionante Arizmendi. O caso é que comezamos, lentamente, a despegarnos da parte alta da taboa, e iso que en casa temos un (afortunado) fortín. Está a acontecer algo semellante ao do ano pasado, pero ao revés. Na pasada temporada a sorte e o oficio fora da casa compensaba o desastre fora. Este ano o rendemento baixo fora (ningunha victoria en 4 partidos) é de momento compensado por unha serie de 4 victorias consecutivas en Riazor, non sen fortuna (o Zaragoza mereceu gañar, e algún outro equipo puido empatarnos). A ter como obxectivo a famosa media inglesa, por moito que diga Caparrós, non tira do equipo cara aos postos europeos. Pero a min, que se algo non son é resultadista, o que máis me preocupa non son os puntos actuais, senon a carencia total de estilo de xogo ofensivo que ten este Deportivo de Caparrós. E un proxecto de futuro sen estilo de xogo de ataque, non vai a ningures. Os detalles illados non chegan. Haberá que rezar porque Valerón volte fino, e porque xente como Verdú vaia tendo máis continuidade, ou estamos aviados.

No comments: