29.10.07
Os ex-criticados do Depor
O Tristán dos últimos tempos era asubiado en Riazor, e agora deambula polo mundo sen conseguir xogar nin meter goles, cun físico destrozado prematuramente. Duscher, ao que tamén o público criticou bastante, que presumía de ter ofertas do grandes do fútbol mundial, tivo que conformarse co modesto Racing de Santander. Agora vexo que Víctor, outro xogador bastante criticado na Coruña, e na miña opinión do máis frouxo da súa época, ten que aceptar unha oferta do Elche, de segunda división ante o fracaso no fútbol grego. O señor Irureta, que tan criticado foi durante todos os anos que viviu na nosa cidade -especialmente se un ten en conta que os resultados foron os mellores da historia do clube-, afundiu ao Betis e non ten ofertas de relevancia. Ao final vai ser que o sector máis crítico/esixente de Riazor, entre o que me atopo, vai ter máis idea de fútbol da que algúns pensaban. Hai bastantes máis exemplos recentes...
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
creo que este post é oportunista...
Non te acordas de outros?
Ou o mellor é que Irureta fixo máis do que se podçia con eses xogadores que ti dis... que se arrastran...
Post a Comment