17.8.06

Que comece xa o fútbol, por favor

Houbo un tempo no que as noticias, cando saían na prensa, eran certas. Un podía asumir que se un xornal publicaba en portada que un clube estaba a piques de asinar un contrato con un xogador, era porque tiña fontes fiáveis. Isto é historia. Agora, os diarios deportivos botan todo o verán a encher as portadas de mentiras con total impunidade. Ver para crer. O último no que os rumorosos din que está interesado o Depor é Dogoberto, 20 anos, internacional nas categorías inferiores de Brasil e figura no Atlético Panaerense. Quen sabe canto hai de verdade e de mentira nisto. Pode ser que mañá sexa xogador do Depor, ou que nunca máis escoitemos falar del. Estamos vendidos ante os creadores de noticias falsas. En fin, mala pinta non ten: Por favor, que remate a especulación e dea paso ao fútbol xa. En 10 minutos comeza a temporada oficial: Espanyol e Barça xogan pola Supercopa de España. Por fin.

1 comment:

Anonymous said...

Non fai moito tempo miña Aboa díxome que cando ela era nova resultaba perigoso caer en desgracia cos curas pois eles tiñan a facultade de dicir quen eran os bos e quen os malos e iso agora pasa cos periódicos. O que a Voz de Galicia fai co Depor non ten nome, é simpremente vergonzante. Ben chamada COZ DE MALICIA e benditos sexa que lle fai o boicot. Non se merece outra cousa. Ainda que outros non lle andan a zaga A COZ é a mais perversa.