24.9.07

Nova lesión grave de Jorge Andrade

No partido celebrado hoxe entre a Roma e a Juventus, Andrade lesionouse gravemente rompendo de novo, igual que hai un ano e medio, o tendón rotuliano. Será baixa para todo o que resta de temporada, salvo sorpresa na revisión médica á que se someterá o ano que ven. Algunhas persoas están xa a dizer que isto amosa a intelixencia de Lendoioro ao vendelo xusto antes da lesión. Na miña opinión, e supoño que na da maioría da xente, estas declaracións carecen de elegancia e son claramente oportunistas e absurdas. Dende aquí, os mellores desexos para que Jorge volte o antes posible aos terreos de xogo.

No comments: