14.8.06
Benvidos a "100 anos de fútbol"
Queridos leitores futuros (porque neste momento ninguén sabe que este blog existe, e porque espero que os haxa dentro duns días), son un socio do Deportivo da Coruña e -en parte por isto- un namorado do fútbol, como quen di, un ninguén.
O dia 13 de agosto de 2006, no descanso da final do trofeo Teresa Herrera, arredor das 23:52, apareceu na miña cabeza a posibilidade de crear un pequeno blog-terapia, que me permita deitar nel as miñas sensacións, ideas e teorías sobre o Depor e o fútbol en xeral.
Ata agora limitábame a ler outros blogs sobre fútbol (algúns deles, os máis recomendáveis, irán aparecendo nos meus posts de xeito natural), e a comentar aquí e acolá algunhas cousas en diversos foros deportivos de Internet, pero agora chegou o momento de ter un modesto veículo de expresión propio.
Desexádeme sorte!
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
3 comments:
Ya tienes un lector. Buena Suerte
Noraboa, escribes fenomenal e o teu sentimento coincide co meu sentimento. Grazas por tanta vontade que fai falla pra traballar sin mais recompensa que o teu bo facer.
Acabo de descubrir o teu blog. Encántame, segue así :)
Post a Comment